Sigue la carrera en directo

O desafio

Half Epic Race Pontevedra son 280 km e 6900 metros de desnivel positivo acumulado en formato non stop. Un reto de btt que precisa o mellor dos ciclistas.

Os participantes enfrentaranse a un percorrido por toda a provincia de Pontevedra, ó longo de todo o día e toda a noita, desafiando os montes e acariciando as Rías Baixas e coñecendo os bosques máis antigos e os pobos máis pintorescos. E todo nun límite de 51 horas.

O percorrido non está marcado, polo que o seguimento da ruta debe facerse cos datos que da o GPS co que os participantes deben orientarse para chegar a Soutelo de Montes, Vila de Cruces, Moraña ePontevedra. 7 Concellos para 8 puntos de transición nos que os participantes disporán de zonas de avituallamento para repor forzas, realizar reparacións e cambiar de compañeiro no caso de facer a proba por equipos, xa que durante o percorrido non poden recibir axuda externa.

En solitario ou en equipos de dous, tres ou catro persoas, os participantes enfréntanse ó desafío dos sendeiros e pistas que percorren as montañas, os ríos, a costa e as zonas de interés turístico da provincia de Pontevedra

Un reto que pon a proba o mellor de cada ciclista mentras dalle un premio coa inolvidable experiencia do paraíso que regalan as Rías Baixas e os seus montes.

Únete ó reto

Inscricións abertas a partir do 1 de decembro

Half Epic Race